Un total de 70 persoas, entre usuarios de Feafes Galicia e monitores realizarán unha estancia no Hotel Spa Oca Galatea de Sanxenxo entre o 22 e 26 de abril. Trátase dunha viaxe organizada por Feafes na que participan integrantes dos clubes de ocio da Federación e de diferentes asociacións.
Durante a súa estancia, as persoas con enfermidade mental que participan na viaxe realizarán numerosas actividades acompañados dos monitores. Así, disfrutarás de sesións de spa e excursións a O Grove, a illa da Toxa, Monte Siradella, Portonovo e Cambados.
Con este tipo de actividades, os participantes rompen coa rutina diaria, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permite un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.