Skip to main content
Novas

Feafes Galicia participa en ExpoOrdes 2013

By 3 de Abril de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) participa en ExpoOrdes 2013, a Feira Multisectorial que se celebra no concello coruñés os días 26, 27 e 28 de abril. O evento contará un ano máis cunha Área de Diversidade Funcional, adicada a entidades e asociacións deste ámbito.

A federación estará presente cun stand na mostra. Ao longo de toda a xornada do sábado, estará presente a asociación Fonte da Virxe e, o domingo, é o turno de Andaina. Ambas as dúas terán oportunidade de amosar os produtos que realizan nos seus talleres.

Ademais, ao longo de toda a feira, Feafes Galicia e as asociacións ofrecerán aos visitantes información sobre a entidade e os servizos que ofrecemos, ademáis de resolver calquera tipo de dúbida.