Skip to main content
Novas

Feafes Galicia participa en ExpoOrdes

By 27 de Abril de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) participa en ExpoOrdes 2012, a Feira Multisectorial que se celebra no concello coruñés os días 27, 28 e 29 de abril.

A federación estará presente cun stand ao longo de toda a mostra. Na primeira xornada, que se inaugurará ás 21 horas deste venres, estará presente a asociación Andaina, quen tamén acudirá ao longo de todo o sábado, desde as 10 ás 21 horas. O domingo, no mesmo horario, participa a asociación Fonte da Virxe.

Ao longo de toda a feira, Feafes Galicia e as asociacións ofrecerán aos visitantes información sobre a entidade e os servizos que ofrecemos, ademáis de resolver calquera tipo de dúbida.

III Xornadas A Discapacidade Hoxe
Por outra banda, o concello de Ordes acollerá o vindeiro 28 de abril as III Xornadas A Discapacidade Hoxe, nas que participarán diferentes entidades do ámbito social, entre elas, Feafes Galicia. O encontro será no Auditorio do Museo do Traxe “Juanjo Liñares”, no Campo da Feira.

Os actos comezarán as 10 horas coa inauguración por parte do alcalde de Ordes, Manuel Regos Boquete, e a concelleira de Diversidade Funcional, Lucía Iglesias Mirás. A continuación falarán o presidente da FAXPG, Feliciano Sola Limia; a delegada presidenta da ONCE en Galicia, Loli Venancio; o presidente de Cogami, Anxo Queiruga; e o presidente de Fademga, Eladio Fernández Pérez.

Tras unha pausa para a comida, as intervencións retomaranse pola tarde a partir das 16 horas. En primeiro lugar, falará un representante de Asem, seguido do presidente de Feafes Galicia, Xosé Ramón Girón. Despois, será o turno do presidente de Down Compostela, Juan Jesús Martínez; e do vicepresidente da Federación de Autismo, Cipriano Luis Jiménez.

Para rematar, ás 19 horas, clausurarán as xornadas o alcalde do concello de Ordes e a concelleira de Diversidade Funcional.