Feafes Galicia participa entre os días 13 e 16 de xuño na Feira Internacional Semana Verde de Silleda, un encontro multisectorial ao que acudirán cinco das nosas asociacións para sensibilizar sobre saúde mental os asistentes, ademais de facer unha mostra e venda dos seus produtos de artesanía.
O posto de Feafes Galicia estará situado no paseo central do recinto feiral e poderase visitar dende as 10 da mañá ás 20 horas, aínda que o fin de semana o horario se amplía ata as 21 horas.
Na primeira xornada, xoves 13, estarán representantes de Feafes Galicia para informar á poboación en xeral da problemática da enfermidade mental na sociedade, co obxectivo de concienciar e sensibilizar á poboación, ademais de dar a coñecer os nosos servicios. Mentres, o venres 14 estarán Lenda e Lar; e o sábado 15 será a quenda de Alume e A Creba. O último día, o domingo 16, estará presente a asociación Andaina.
Dende Feafes Galicia invitámosvos a todos a asistir á Feira Semana Verde, onde a entrada é gratuíta para todos os públicos.