Skip to main content
Novas

Feafes Galicia participa na charla coloquio “A acción socioeducativa en Santiago”

By 11 de Abril de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Feafes Galicia participará este mércores, 11 de abril, na charla-coloquio “A acción socioeducativa en Santiago”, que organiza a Asociación Estudiantil San Clemente. Nesta actividade tamén participarán as asociacións Aspas, Cruz Vermella, Cogami, Implicadas e Vagalume.

A charla terá lugar no salón de acto do C.M.U. San Clemente, no Campus Sur, a partir das 21.30 horas. Trátase dunha actividade aberta a todos os públicos e de carácter gratuíto.

No acto, cada organización presentará brevemente a súa entidade e os seus programas. No caso de Feafes Galicia, intervirá a psicóloga da federación. Posteriormente, realizarase unha charla coloquio cos asistentes.