Novas

Feafes Galicia participa na Feria Internacional Semana Verde de Silleda

By 14 Xuño, 2012Novembro 13th, 2022No Comments

Feafes Galicia participa entre os días 14 e 17 de xuño na Feira Internacional Semana Verde de Silleda, un encontro multisectorial no que seis das nosas asociacións acudirán para realizar unha mostra e venda dos seus produtos de artesanía, ademais de sensibilizar sobre saúde mental os asistentes.

O posto de Feafes Galicia estará situado no paseo central do recinto feiral e poderase visitar dende as 10 da mañá ás 20 horas, aínda que o fin de semana o horario se amplía ata as 21 horas.

Na primeira xornada, xoves 14, participará a asociación Lar, mentres que o venres 15 estarán A Creba e A Mariña. O sábado 16 será a quenda de Alume e Andaina. O último día, o domingo 17, volverá asistir A Creba, así como a asociación Fonte da Virxe.

Dende Feafes Galicia invitámosvos a todos a asistir á Feira Semana Verde, onde a entrada é gratuíta para todos os públicos.

Share