Skip to main content
Novas

Feafes Galicia participa na X Feira da Saúde de Ourense

By 7 de Maio de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

0_5221_4-1-1.jpg

Feafes Galicia participa por cuarto ano consecutivo na X Feira da Saúde de Ourense, que terá lugar na Alameda os días 8 e 9 de maio. Son dous días nos que se intenta concienciar da importancia da saúde ofrecendo información e asesoramento. Para iso, colocaranse varios postos das diferentes asociacións que traballan en pro da saúde, arredor de 40 stands.

Feafes Galicia conta cunha caseta no que se informa á poboación en xeral da problemática da enfermidade mental na sociedade, co obxectivo de concienciar e sensibilizar á poboación.

Ademais, daranse a coñecer os diferentes servizos que se prestan a través da federación, con especial énfase na inserción laboral posto que é un preditor de estabilidade e mellora o diagnóstico a medio prazo. É neste ámbito onde se enmarca o proxecto Incorpora, no que nos encadramos xunto con outras asociacións, financiado por La Caixa e que pretende a maximización das posibilidades de inserción laboral do colectivo de persoas con enfermidade mental mediante un traballo de intermediación con empresas, busqueda de ofertas laborais e orientación ás persoas con enfermidade mental.

A Feira da Saúde poderase visitar os días 8 e 9 de maio en horario de 11:00 a 13:30 e de 17:00 a 20:30. Ademáis, os asistentes poden aproveitar a ocasión para facer diferentes probas sanitarias, practicar taichi ou participar en diferentes obradoiros.