Skip to main content
Novas

Feafes Galicia participa no Encontro Nacional de Pactos Locais polo Emprego na Coruña

By 22 de Outubro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

O Servizo Municipal de Emprego do Concello da Coruña organiza a través do proxecto Rede Coruña Emprega II, cofinanciado polo FSE, un Encontro Nacional de Pactos Locais polo Emprego. Feafes Galicia estará presente no devandito evento.

O encontro celebrarase o próximo 25 de outubro no Centro Cultural Ágora da Coruña, co obxectivo de poñer en común e compartir experiencias e boas prácticas no ámbito do emprego, dende a perspectiva do traballo en rede.

Este evento concentrará a un alto nivel de cargos institucionais, así como profesionais de distintos proxectos de emprego a nivel nacional, institucións e empresas, que abordarán os aspectos clave da cooperación público-privada no ámbito local, poñendo en valor as iniciativas desenvolvidas a través das convocatorias de axudas do FSE.