O próximo 6 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela terá lugar o III Encontro Galego de Cidadanía Inclusiva, orgnizado por EAPN-Galicia. O obxectivo é crear un espazo de intercambio de experiencias e reflexións que permitan situar a persoa no centro da acción pola inclusión.
Co empoderamiento como meta fundamental, busca a verdadeira participación social e a visibilización das situacións de exclusión. Este encontro está dirixido a entidades sociais: persoal técnico, participantes nos seus programas e voluntariado.
Feafes Galicia participará neste encontro presentando o Comité de Persoas con Enfermidade Mental, un organismo, que pretende dar voz propia e empoderamiento ao colectivo. Un dos integrantes do comité será o encargado de presentar esta iniciativa aos asistentes á xornada a partir de las 16 horas.
Para inscribirse no encontro hai que enviar un correo electrónico a info@eapn-galicia.com onde figuren nome, apelidos e DNI, entidade e localidade.