Feafes Galicia participa na terceira edición do Seminario Xornalismo social e cooperación internacional, organizado pola Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP).
O obxectivo principal do curso é capacitar xornalistas e futuros xornalistas na comunicación para o desenvolvemento. Non obstante, a actividade vai dirixida a estudantes e profesionais dos distintos campos comunicativos (redactoras/es, fotógrafas/es, locutoras/es, cámaras, guionistas…) e mesmo a calquera comparece interesada nun labor informativo que contribúa á erradicación das desigualdades, á loita contra a pobreza e, en definitiva, á xustiza social.
O III Seminario Xornalismo social e cooperación internacional impártese os martes de 16 a 20 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, entre o 26 de febreiro e o 7 de maio.
Feafes Galicia está presente o martes 16 de abril. Participan a psicóloga do Servizo de Atención Sociofamiliar, Raquel León, e a xornalista do Departamento de Comunicación, Eva Fuentes. A súa intervención consiste nunha presentación de Feafes Galicia e explicar aos participantes unha serie de pautas de como informar sobre saúde mental e o noso colectivo.