Feafes Galicia participará entre o 22 e o 24 de novembro no Terceiro Encontro Transnacional de Participación Activa que se celebra en Porto. O representante do Comité de Persoas con Enfermidade Mental de Feafes Galicia, Carlos García, participará dentro da delegación de EAPN-España.
O encontro leva por título “A participación das persoas en situación de pobreza e exclusión. Dificultades, Retos e novas propostas”. Enmárcase dentro do proxecto PEPA, o Partenariado Europeo por unha Participación Activa.
Así, o encontro de Porto leva por obxectivo identificar cales son os factores determinantes que dificultan a participación das persoas máis vulnerables; coñecer novas experiencias de participación, os retos que implican e os obxectivos que perseguen; propoñer novas estratexias que permitan superar as dificultades encontradas; e consensuar un material que recolla as diferentes opinións formuladas nos encontros transnacionais.