Skip to main content

Os días 12 e 13 de decembro celebrarase en Gijón o I Torneo Interautonómico Norte Fútsal Salud Mental (TINFUSAM) organizado polo Club Deportivo Mens Sana. O encontro está dirixido a equipos compostos por deportistas con enfermidade mental das comunidades autónomas que estean situadas na zona norte de España.

Convidados a participar neste encontro, FEAFES Galicia creou unha selección galega de fútbol sala composta por xogadores de equipos das distintas asociacións e delegacións. Neste torneo estimularase e fomentarase a práctica deportiva entre as persoas con trastorno mental, tendo comprobado que o deporte de competición mellora diversos factores da saúde específica deste colectivo tanto a nivel químico como orgánico e psicopsocial.

O Torneo TINFUSAM pretende ser tamén un espazo no que se realice deporte dun xeito totalmente normalizado respectando os regulamentos das correspondentes federacións deportivas, o cal contribuirá a fomentar o interese e a participación. 

Os partidos terán lugar o sábado 13 de decembro no Palacio dos Deportes de Gijón e disputaranse ó longo da mañá, despois dos cales haberá un acto de entrega de trofeos. A tarde estará reservada para unha serie de visitas que incluirán o parque Cerro Santa Catalina e a escultura Eloxio ó Horizonte, así como unha visita ó acuario de Gijón.

Dende FEAFES Galicia agardamos que este torneo sexa tamén unha oportunidade para confraternizar entre entidades de similares características e proximidade xeográfica, así como un espazo para o desenvolvemento de futuros proxectos conxuntos.

torneo interautonomico (2).jpg        torneo interautonomico (1).jpg