O xoves 16 de Xaneiro, o persoal do Servizo de Inserción Laboral de FEAFES Galicia presentou o Programa Integrado de Emprego EM-Prégate que se está a desenvolver dende o mes de Outubro. Este programa especializado é pioneiro na comunidade autónoma de Galicia e se está a levar a cabo en todo o territorio galego a través das delegacións que ten FEAFES nas catro provincias.
Cofinanciado pola Consellería de Traballo e Benestar, EM-Prégate se enmarca dentro das actividades desenvolvidas dende o Observatorio de Emprego de Persoas con Enfermidade Mental, OEDEM. Este programa foi posto en marcha por FEAFES Galicia en Xaneiro do 2002 co obxectivo de aumentar as posibilidades que teñen as persoas con enfermidade mental de acceder a un posto de traballo.
O obxectivo fundamental de EM-Prégate é acadar a inserción laboral dos demandantes que participen no proxecto, que actualmente está formado por 60 persoas con enfermidade mental. Para iso lévanse a cabo distintas accións como a selección, o estudo e valoración dos candidatos, orientación e asesoramento individualizado, busca de emprego, formación dos demandantes, prácticas en empresas, intermediación laboral e seguimento individualizado no posto de traballo.
Como aspectos novidosos deste proxecto, destacan o emprego das TICs aplicadas á busca de emprego, o deseño e seguimento de accións individualizadas para os participantes ao longo de todo o programa ou a aplicación de medidas de conciliación da vida familiar e laboral.