Skip to main content
Novas

Feafes Galicia realizará por terceiro ano o proxecto Practicum grazas á Deputación de Pontevedra

By 1 de Outubro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

entrega_practicum2013.jpg

O Museo do Mar de Vigo acolleu o 24 de setembro o acto de entrega das subvencións do Servizo de Acción Social da Deputación de Pontevedra, das que se benefician varias asociacións da provincia.

Entre elas está Feafes Galicia, quen recibiu 6.000 euros para a posta en marcha do proxecto Practicum, que este ano chega á súa terceira edición. Grazas a esta iniciativa, un grupo de demandantes de emprego do Servizo de Orientación Laboral de Feafes Galicia poderán realizar prácticas non laborais en empresas da provincia.