Feafes Galicia e o Real Club Celta de Vigo renovaron o convenio de colaboración que asinaran ao inicio da anterior tempada. Deste xeito, un grupo de usuarios da nosa entidade poderán gozar de xeito gratuíto dos encontros que dispute o equipo celeste.
Grazas ao acordo, seis persoas poden acudir aos partidos que se disputen na casa, no estadio de Balaídos, correspondentes ao torneo de Liga da tempada 2013/2014. Na anterior campaña ligueira esta iniciativa xa tivo un grande éxito entre os usuarios de Feafes e en todas as ocasións se completaron as prazas para asistir aos partidos.