Skip to main content
Novas

Feafes Galicia súmase á campaña da X Solidaria

By 4 de Maio de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

xsolidaria 026xx.jpg

Feafes Galicia participa na Campaña da X Solidaria, que trata de concienciar aos contribuíntes para que marquen a X de fins sociais na declaración da renta o que supón que o 0,7% dos impostos irán destinados a entidades do ámbito social.

A campaña presentouse en Santiago de Compostela e na rolda de prensa participou o director de Feafes Galicia, Antonio Hernández, como membro da rede EAPN–Galicia. Na súa intervención destacou que cun xesto simple e sinxelo podemos contribuir a cambiar a vida das persoas máis desfavorecidas. Ademais, destacou que se pode marcar á vez o recadro de fins sociais e o da Igrexa.

Hernández lembrou que en Galicia hai 648.000 persoas en risco de exclusión e que no ano anterior grazas á X solidaria se recaudaron 13,6 millóns de euros, dos que se beneficiaron 270.000 persoas.

Atención ás persoas con enfermidade mental
No caso da saúde mental, as asociacións que integran Feafes Galicia levan a cabo varios programas financiados a cargo do IRPF que axudan a mellorar a calidade de vida das persoas con enfermidade menal e das súas familias e/ou coidadores. En total, suman unha inversión de 166.736 euros.

O proxecto que recibe máis recursos (106.650 euros) e o Programa de Atención Domiciliaria, que facilita apoios para a integración e o acceso das persoas con enfermidade mental aos recursos socio-comunitarios co obxectivo de manter unha calidade de vida digna.

Ademais, as asociacións executan o Programa de Intervención Familiar, dotado cun total de 25.920 euros, que inclúe as Escola de Familias e os grupos de autoaxuda. Contan tamén con 20.116 euros para levar a cabo o Programa de Rehabilitación de Persoas con Enfermidade Mental crónica recluídas en centros penitenciarios de toda Galicia.

Por outra banda, as asociacións contan cun orzamento de 7.700 euros para o programa de respiro familiar, co que se financian actividades de ocio para persoas con enfermidade mental, que supoñen un descanso nas tarefas de coidadores. As asociacións que integran Feafes Galicia dispoñen, ademáis, de 6.350 euros para o Programa de promoción e formación do voluntariado.