“Afirma os teus dereitos, firma contra o copagamento confiscatorio”, é o lema principal da campaña para a captación de sinaturas de impulso da iniciativa lexislativa popular de reforma da Lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia posta en marcha polo Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), do que forma parte FEAFES.
Con esta mensaxe, o CERMI pretende chegar ás persoas con discapacidade e maiores, e ó seu entorno familiar, así como ós profesionais dos servizos sociais, ós voluntarios e á cidadanía en xeral, para que consignen a súa sinatura de apoio á iniciativa lexislativa popular que persigue a modificación da lei de autonomía persoal para establecer uns criterios xustos de copago que non expulsen ás persoas en situación de dependencia da protección social.
Coincidindo co comezo do ano 2015, todo o sector social da discapacidade movilízase para a consecución das 500.000 firmas de cidadáns y cidadás maiores de 18 anos, españois, e con todos os seus dereitos políticos, necesarias para que prospere a iniciativa lexislativa popular de modificación do copago e poda chegar ó Congreso dos Deputados para a súa admisión no seu caso e posterior debate.
A iniciativa lexislativa popular contra o copagamento confiscatorio é a resposta do movemento social da discapacidade ás políticas das Administracións sociais que en desenvolvemento da Lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia crearon unha situación insostible que fai recaer o esforzo económico de mantemento do sistema nas propias persoas en situación de dependencia.
Para máis información, podes consultar os seguintes documentos:
– Manifesto do CERMI do 3 de decembro de 2014
– Argumentario do CERMI Estatal
– Manual Operativo para a recollida de firmas de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular
Firma electrónica
As persoas que dispoñan de firma electrónica recoñecida oficialmente poden asinar contra a reforma da Lei de Autonomía Persoal e Atención á Dependencia neste enlace, seguindo os pasos que nel se explican. Cabe ter en conta que a firma electrónica exclúe á física e a física á electrónica, pois cada persoa só pode asinar unha única vez por algunha destas vías.
Se tes problemas coa firma electrónica, podes pedir axuda mandando un correo a soporte@mifirma.com. E para máis información, podes escribir a noalcopago-ilp@cermi.es