Feafes Galicia visitará entre o 7 e 10 de maio a Estación de Montaña de Cabeza de Manzaneda. En total, viaxarán case 60 persoas, entre persoas con enfermidade mental e monitores.
Durante a súa estanza na estación, os participantes realizarán todo tipo de actividades. Así, está previsto realizar sendeirismo, tiro con arco, xogos populares, hípica, béisbol, vivacs, pas de neve e piscina. Ademais, tamén poderán gozar de sesións de discoteca.
Esta viaxe de catro días serve para que as persoas con enfermidade mental realicen exercicio físico, algo moi beneficioso para a súa saúde. Así mesmo, ten un factor lúdico rehabilitador, xa que permite que os participantes se integren na sociedade e realicen actividades colectivas. Esta actividade foi organizada grazas á colaboración da Fundación María Esperanza Rubido Romero.