Un total de 34 persoas, entre usuarios de Feafes Galicia e monitores, visitan a illa de Las Palmas de Gran Canaria entre o 19 e o 26 de setembro. Trátase dunha viaxe organizada pola Confederación Feafes en colaboración co Imserso.
Durante a súa estanza, as 28 persoas con enfermidade mental que participan na excursión realizarán numerosas actividades acompañados de seis monitores. Así, percorrerán toda a illa para gozar das paisaxes e coñecer os enclaves turísticos, realizarán visitas culturais e gozarán das famosas praias.
Os participantes na viaxe proceden de varias asociacións: Albores, Andaina, A Creba, Morea, A Mariña e Alba. Con este tipo de actividades, os participantes rompen coa rutina diaria, enriquécense culturalmente, socializan e intégranse na sociedade. Á súa vez, permite un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.