Skip to main content

Este xoves 27 de Febreiro terá lugar no Colexio San Xosé de Lugo un acto organizado pola Rede TIL (Rede de Técnicos de Inserción Laboral de Lugo), no que FEAFES impartirá una charla sobre “O emprego no Terceiro Sector”. Esta terá lugar Ás 13:00 E estará dirixida a alumnos de 2º de bacharelato.

A Rede TIL está formada por persoal técnico dos servizos de emprego de nove entidades do Terceiro Sector e coordinada pola USC. Trátase dun foro de encontro, discusión e traballo que pretende favorecer a inserción laboral dos usuarios das entidades participantes, sensibilizar e establecer liñas de cooperación co sector empresarial da provincia lucense.

Na charla do Colexio San Xosé onde participarán os profesionais de FEAFES Lugo, os alumnos poderán coñecer qué é a Rede TIL e a qué nos referimos cando falamos do Terceiro Sector. Tratarase tamén o tema do paso ó mundo laboral e se presentarán unha serie de titulacións directas e indirectas relacionadas co Terceiro Sector.

Finalmente, exporanse varias experiencias reais de emprego neste ámbito, unha cunha titulación directa, unha cunha titulación indirecta e unha cunha titulación de Formación Profesional.

charla empleo tercer sector.jpg