Skip to main content
O Nadal sempre é unha boa ocasión para reunirse arredor da mesa, e iso foi o que fixo a asociación Doa celebrando a súa xa tradicional comida navideña. E como nestas datas gústanos rodearnos dos nosos seres queridos, e afortunadamente deses temos moitos, na comida de Doa houbo máis de 100 persoas que non dubidaron en participar nesta agradable xornada de celebración!
A festa tivo lugar o 17 de decembro e a ela asistiron usuarios, xunta directiva e profesionais, que non só compartiron o momento da comida senón que se apuntaron despois a unha sesión de baile e ao reparto de regalos a través dun sorteo.
Este ano, o sorteo contou con máis agasallos que nunca grazas á aportación de distintos colaboradores aos que é de recibo agradecer a súa axuda: Cine Salesianos, Club Balonmán Cangas, Equipo de Atletismo de Castrelos, Garaje PedalesIogurt, Peña “Hordas Celestes”, Real Club Celta de Vigo e Severiano Servicio Móvil.
Non nos digades que así non da gusto comezar o ano!