14 persoas usuarias da provincia de Vigo, Pontevedra, Redondela, Nigrán e Moaña, participaron no Proxecto Practicum, no que logramos unha inserción do 35%.
Onte, 10 de decembro, celebramos o acto de clausura do Proxecto Practicum 2025 na Sede da Deputación Provincial de Pontevedra en Vigo. Este proxecto, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, fomenta a realización de prácticas non laborais en empresas por parte de persoas con problemas de saúde mental. Grazas a el, este colectivo pode mellorar as súas competencias laborais, acostumarse a un entorno de traballo e coñecer de primeira man un posto concreto.
Ao acto, acudiron Dna. Luisa Sánchez Méndez, vicepresidenta da Deputación de Pontevedra de Deportes e Economía e Impulso ao emprego; D. Jaime Figueroa, membro da Xunta Directiva da Asociación Lenda de Redondela e representante de Saúde Mental FEAFES Galicia; Dna. Carina Fernández, coordinadora da área de proxectos de Saúde Mental FEAFES Galicia; e Dna. Isabel Seguín, referente da delegación de Vigo de Saúde Mental FEAFES Galicia. Contarán co acompañamento de representantes das empresas que colaboran no programa, así como das persoas que se beneficiaron do mesmo.
Durante o acto, realizouse unha mesa redonda moderada por Isabel Seguín, na que participaron Laura Mato, representante de Arenal Perfumería; e Sara Rivas, coordinadora do servizo da Ludoteca do Concello de Moaña. Tamén formaron parte desta mesa Freya e Melisa, participantes do Proxecto Practicum, que falaron da súa experiencia dentro do programa e das prácticas non laborais que realizaron.
Un 35% de inserción laboral
Este ano, un total de 14 persoas usuarias da provincia de Vigo, Pontevedra, Redondela, Nigrán e Moaña participaron do Proxecto Practicum; logrando unha inserción laboral posterior do 35%.
Durante o 2025, no marco do Proxecto Practicum visitáronse 35 empresas e houbo 10 conveniadas entre as que están: C&C Arreglos de Ropa, Grupo Monterrey Redondela, Ara Formación, Freshcut, ISS, Perruquería Zaisha, Arenal Perfumerías, Sprinter, Residencial Galeón, Ludoteca do Concello de Moaña e Atendo Calidade S.L.
O Proxecto Practicum é unha vía de contacto e sensibilización do sector empresarial, que contribúe a eliminar o descoñecemento e os prexuízos da sociedade sobre as capacidade laborais e produtivas das persoas con problemas de saúde mental.
Coa colaboración da:


