Skip to main content

O convenio de colaboración, que se enmarca no Programa Social de Emprego de Fundación MAPFRE, busca impulsar a inclusión laboral das persoas con problemas de saúde mental e os colectivos en risco de exclusión.

 

O pasado venres 5 de xullo, Fundación MAPFRE, a Asociación Área Empresarial do TambreSaúde Mental FEAFES Galicia, firmamos un convenio de colaboración para favorecer o acceso ao emprego a través do proxecto “Juntos Somos Capaces” e a convocatoria de axudas Accedemos.

O acordo firmárono na sede da AAET por José Fernández Alborés, presidente da patronal do Tambre; Constantino Bargo, representante de Fundación MAPFRE en Santiago; e Xosé Ramó Girón, presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia.

 

 

Un convenio para romper barreiras

Durante o evento, Constantino Bargo, expresou que “o compromiso coa inclusión laboral vai máis alá da asistencia; trátase de transformar realidades, de ofrecer oportunidades a quen máis o precisa”. Tamén engadíu que as empresas son axentes do cambio imprescindibles e que este convenio permite xerar un impacto máis profundo na comunidade.

Pola súa parte, José Fernández Alborés, sinalou que a Área Empresarial do Tambre “aposta pola igualdade de oportunidades e por unha cultura empresarial inclusiva e comprometida”. E asegura que este acordo reforza a responsabilidade social das empresas da AAET

Na súa intervención, Xosé Ramón Girón, revelou que, no 2024, 1.250 persoas foron atendidas polo noso servizo de emprego. Delas, o 63% estivo traballando, superando ampliamente a media nacional do 18’9% rexistrada polo INE. Ademais, destacou que 156 destas persoas son de Santiago e arredores.

Tamén indicou que a inserción laboral é esencial para a recuperación e autonomía das persoas con problemas de saúde mental. Sinalou que “este tipo de convenios son unha mostra de que a colaboración é o camiño para construir unha sociedade máis xusta e cohesionada”.

Con este acordo, as entidades firmantes comprométense a desenvolver accións de orientación, formación, intermediación laboral e sensibilización, así como a fomentar o cumplimento da Ley Xeral dos Dereitos das persoas con Discapacidade (RDL 1/2013), promovendo o emprego co apoio e a responsabilidade social corporativa no tecido empresarial galego.