Do 26 de setembro ao 17 de novembro, sete persoas con certificado de discapacidade por problemas de saúde mental, desempregadas e inscritas no servicio público de emprego;
adquirirán competencias dixitais básicas para o emprego no obradoiro que desenvolvemos en Santiago de Compostela.
O Obradoiro desenvólvese no marco do Programa Integrado de Emprego de Galicia para o fomento da empregabilidade das persoas con discapacidade na comunidade; que
busca mellorar as condición de acceso ao emprego das persoas que teñen un problema de saúde mental.
Durante este programa, que se desenvolve no marco do convenio firmado entre a Consellería de Emprego e Igualdade e o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi Galicia), trabállase con 131 persoas ao ano (262 entre os anos 2022-2023) en toda a comunidade autónoma. Esta colaboración enmárcase nas políticas activas de emprego previstas en Galicia e contempladas no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
A baixa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental, segue a ser unha das principais barreiras para a súa integración. Os nosos datos indican que cando existe un servizo especializado detrás ofrecendo apoio, a inserción está preto do 50%. Por iso son necesarias actuacións como as que iniciamos dentro do marco do convenio de colaboración CERMI e Saúde Mental FEAFES Galicia.
Apostamos por todo tipo de recursos que faciliten a inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental. Como a formación laboral, a sensibilización empresarial, as cotas de reserva para as persoas con discapacidade e o emprego con apoio. Para que as persoas que pertencen a este colectivo melloren as súas opción de acceso ao emprego. O que supón, non só unha fonte de identidade, de utilidade e de motivación; senón tamén un camiño á normalización e o cambio do rol de “enfermo” polo rol de “traballador”.
A actividade que se desenvolve actualmente en Santiago é o taller de Competencias Dixitais Básicas. Durante as sesións, as persoas participantes recibirán información sobre o uso básico do sistema operativo, o tratamento da información, a comunicación, a creación de contido, a seguridade e a resolución de problemas.