Skip to main content

A asociación Andaina PSM estende o territorio de actuación do seu programa deprevención de suicidio “Falamos?”

Falemos de suicidio. No 2021 en Galicia, 331 persoas quitáronse a vida. Ou o que é o mesmo, case unha ao día (datos INE). As razóns detrás deste feito son múltiples: a presenza de trastornos mentais graves. a realidade xeográfica galega, factores socioeconómicos, etc.

Conscientes desta situación, a asociación Andaina PSM iniciou no 2020 na comarca de Ordes o programa Falamos? Un programa específico para a detección e intervención en risco de suicidio. Esta iniciativa ampliou o seu territorio de actuación no 2021 para achegarse á comarca de Ulla-Sar e, este ano, a asociación traballa para extenderse ós concellos limítrofes destas comarcas.

Falamos? pretende abrir o debate en torno ó suicidio, un problema que incide notablemente na comunidade; así como ofrecer acompañamento e ferramentas a profesionais e persoas vulnerable, ou familiares e achegadas, para abordar estas situacións.

Presentación programa Falamos? en Brión

Falamos? Unha actuación a tres bandas

O programa Falamos?  traballa sobre tres liñas de actuación: formación a profesionais do ámbito sociosanitario, intervención con persoas e grupos vulnerables, e información e sensibilización social sobre a prevención da conducta suicida.

En relación con esta última liña, lévanse a cabo diferentes accións na comunidade como charlas de sensibilización, mesas informativas e puntos de lectura en colaboración coas bibliotecas municipais, entre outras.

No que vai de 2023, Andaina PSM reuniuse con novos concellos para presentar o programa Falamos? e as actuacións que comprenden. A finalidade destas reunións é poder ampliar o seu ámbito de actuación e seguir visibilizando e desmitificando a conducta suicida. Estes nivis lugares onde se vai desenvolver o programa son Vedra, Negreira, Boqueixón, Brión, Teo, Lousame, A Pobra e Val do Dubra.