O Comité en
Primeira Persoa de Galicia lanza o concurso literario Perderlle o medo a
escribir. Nel poderá participar calquera persoa usuaria ou vinculada a
unha entidade de saúde mental.
O Comité pretende
con este certame fomentar a participación e a expresión artística, a dar visibilidade
e normalizar os problemas de saúde mental, e contribuír a rachar cos estigmas
que pesan sobre as persoas con problemas de saúde mental.
Este concurso pretende
ser un medio para o cambio cultura e social a favor da inclusión do colectivo en
todos os ámbitos da vida. Por iso, baixo o título Perderlle o medo a
escribir, agardan que as pezas literarias curtas que se presenten
sirvan para transmitir inquedanzas e intereses que os autores e autoras poidan
ter sobre a saúde mental. Sempre dende unha perspectiva normalizadora e libre
de recursos.
As pezas, que
deben ser orixinais para este certame, poderán ser poesía ou relato, ben en
galego ou ben en castelán. Cunha extensión máxima de 5 estrofas no caso de poesía
e de 400 palabras no caso de relato. E deberan, obrigatoriamente, axustarse á
temática proposta: a saúde mental desde unha perspectiva normalizadora.
O xurado que decidirá
as pezas gañadoras está composto por todas as persoas integrantes do Comité en
Primeira Persoa de Saúde Mental FEAFES Galicia e dúas persoas técnicas da
Federación.
Os premios constarán de:
–
1º premio:
vale de 100€ para gastar nunha libraría + figura de artesanía
–
2º
premio: vale de 75€ para gastar nunha libraría + agasallo conmemorativo
–
3º
premio: vale de 50€ para gastar nunha libraría + agasallo conmemorativo
As pezas e a
documentación requirida, sinalada nas bases, deberán ser enviadas por correo
electrónico a comite.primeirapersoa@feafesgalicia.org. O prazo para o envío
das propostas remata o 6 de novembro de 2022 ás 23h00
Consulta as bases
aquí.
Agardamos a túa
peza!