Skip to main content

Os Premios Empréganos recoñecen ás empresas lucenses comprometidas coa inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental. Lacera, Extel, Calfensa, Juntos Somos Capaces e Encarna Lago González, foron as empresas e a persoa premiadas nun acto que concregou a máis de 100 asistentes no Vello Cárcere de Lugo.

 

Saúde Mental FEAFES Galicia celebrou a segunda edición dos seus Premios Empréganos, que teñen como obxectivo recoñecer o compromiso e a implicación das empresas, organismos e persoas favorecedoras da inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental. O acto tivo lugar onte ás 17h30 no Vello Cárcerre de Lugo e foi presentado por Caxoto Contacontos (A trastenda dos contos)

Na categoría Gran Empresa resultou premiada Lacera. Polos bos resultados recollidos nos anos de colaboración con Saúde Mental FEAFES Galicia e polas numerosas insercións laborais, que desembocan en contratos estables, prácticas e convenios.

O premio PEME Emprego Protexido foi para Extel. Da empresa destaca a implicación e personalización nos procesos de selección. Tamén na acollida que se fai das persoas traballadoras e nos seus seguimentos individualizados.

Calfensa recibíu o premio Emprego Verde. Polos máis de 10 anos de colaboración con Saúde Mental FEAFES Galicia a través de insercións laborais, prácticas, visitas a empresas e firmas d econvenios, así como por favorecer a continuidade das persoas contratadas.

Como Programa Social, recoñeceuse a Juntos Somos Capaces de Fundación Mapfre. O proxecto destaca por favorecer a realización de prácticas non laborais en empresas en polo emprego con apoio ás persoas traballadoras que o precisa en toda Galicia.

Na categoría Persoa Referente, foi premiada Encarna Lago González, xerente da Rede Museística Provincial de Lugo. Recoñeceuse o seu compromiso persoal, implicación e preocupación polo ambiente laboral e pola saúde mental das persoas. Tamén a súa filosofía de integración da diversidade.

Un ano máis loitando pola inclusión

Na súa intervención durante os Premios Empréganos, o vicepresidente de Saúde Mental FEAFES Galicia, Manuel Fernández Prado, sinalou que ó longo de 2023, a entidade axudou a 774 persoas con problemas de saúde mental a lograr un emprego en toda Galicia (157 na provincia de Lugo), o que representa un 62% das persoas atendidas. Esta cifra, moi superior ó 17,5% da inserción xeral do colectivo, demostra que cando hai un servizo especializado detrás, as oportunidades para estas persoas multiplícanse exponencialmente.

No acto invervíu tamén Manuel López, representante del Comité en Primera Persona de Galicia. Puxo o foco na importancia que ten o emprego para o desenvolvemento dun proxecto de vida. López pedíu confianza e non discriminación no eido laboral.

 

Acudiron tamén ó acto a alcaldesa de Lugo, Dna. Paula Alvarellos Fondo; a concelleira de Benestar Social e Maiores, Dna. Olga López; o tenente de alcaldesa, D.Mauricio Repetto; a dputada de Cultura, Patrimonio Histórico Artístico e Normalización Lingüística, Dna. Iria Castro; o Deputado da Área de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, D. Miguel Fernández Méndez; a Secretaria Xeral de Igualdade, Dna. Sandra Vázquez Domínguez; e a Directora Xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Dna. Zeltia Lado Lago. Tamén houbo persoal técnico, directivo e persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia e das súas asociacións. Ademais, acudiron múltiples empresarias e empresarios da zona, contando un total de máis de 100 asistentes.