Saúde Mental FEAFES Galicia pon en marcha, un ano máis, o Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20, financiado pola Xunta de Galicia e o Servicio Público de Empleo Estatal. Dito programa levarase a cabo entre o 15 de novembro de 2019 e o 14 de novembro de 2020.
Este Programa Integrado de Emprego de Galicia busca acadar un traballo para, alo menos, o 36% das persoas participantes, mellorando a súa empregabilidade e aumentando as súas posibilidades de acceso ao mercado laboral. Para iso, a entidade seleccionará a 100 persoas con problemas de saúde mental que cumpran os seguintes perfís:
– Persoas desempregadas con discapacidade
– Persoas desempregadas en risco de exclusión social e persoas beneficiarias do tramo de inserción da renda de inclusión social de Galicia
– Persoas menores de 30 anos desempregadas con baixa cualificación
– Persoas menores de 30 anos desempregadas cualificadas
– Persoas desempregadas maiores de 45 anos
– Persoas perceptoras da renda de inclusión social de Galicia non incluídas no tramo de inserción
– Mulleres desempregadas
– Persoas desempregadas de longa duración
– Persoas desempregadas non incluídas en ningún dos grupos anteriores
Ademais, todas as persoas demandantes de emprego que participen no Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20 teñen dereito a percibir unha bolsa de 5€ ao día por asistir ás súas accións. Igualmente, ofrécense medidas de conciliación da vida familiar e laboral a través dun servizo de ocio e deporte, apoio en trámites e xestións da vida diaria, axudas á conciliación e servizo de respiro familiar.
As persoas interesadas en participar no Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20 poderán contactar coas delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia en A Coruña, Santiago, Ourense, Lugo ou Vigo a través das seguintes vías de contacto.
Unha metodoloxía baseada na personalización
Para levar a cabo o Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20, realízanse Itinerarios Personalizados de Inserción. Isto consiste no deseño dunhas pautas flexibles e adaptadas a cada persoa participante, que están dirixidas pola figura do acompañante durante todo o proceso, tanto na fase de orientación laboral como de inserción no mercado de traballo.
Dentro desta metodoloxía de traballo contémplanse unha serie de actividades secuenciadas que as persoas deben realizar coa fin de aprender a xestionar recursos con autonomía no seu propio proceso de inserción laboral. Ditas actividades realizaranse de forma transversal durante todo o proceso: técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego.
Ademais, impartiranse obradoiros de asertividade laboral e intelixencia emocional, novas tecnoloxías, motivación e técnicas de busca activa de emprego e coaching individual e grupal no proceso individualizado de inserción de cada demandante. Deste xeito, este Programa Integrado de Emprego de Galicia adáptase totalmente ás necesidades reais das persoas que participen nel.
Accións a desenvolver
Dentro do Programa Integrado de Emprego FEAFES 2019/20 desenvolveranse as seguintes accións:
1. Selección, estudo e valoración de persoas candidatas
2. Información, orientación, asesoramento e apoio individualizado no proceso de inserción laboral
3. Formación transversal das persoas demandantes en novas tecnoloxías e/ou en idiomas
4. Adestramento en técnicas de coaching, intelixencia emocional e técnicas de motivación para a busca de emprego
5. Adestramento en habilidades sociolaborais e realización de talleres de entrevistas
6. Fomento da capacidade emprendedora
7. Prospección e intermediación laboral
8. Emparellamento de ofertas de traballo coas persoas participantes
9. Formación para o emprego das persoas demandantes mediante a impartición do Certificado de Profesionalidade “SSCM0108: Limpeza de Superficies e Mobiliario en edificios e locais” de 230 horas en Vigo
10. Prácticas profesionais non laborais en empresas
11. Realización de talleres sobre mobilidade laboral