Skip to main content

As federacións de Galicia e Castela e León compartimos dous días de convivencia en Santiago de Compostela

Os días 20 e 21 de abril, un grupo de 5 técnicos e técnicas da Federación Salud Mental Castilla y León estiveron en Santiago de Compostale nunha xornada de convivencia co persoal técnico de Saúde Mental FEAFES Galicia.

O obxectivo deste encontro foi realizar un intercambio de experiencias de distintos proxectos que se desenvolven en ambos territorios para enriquecer mutuamente as formas de traballar de cada federación.

Un encontro para enriquecer a nosa labor mutua

Presentación programa jóvenes. Intercambio de experiencias entre federación Galicia y Castilla y León

Presentación programaJulia. Intercambio de experiencias entre federación Galicia y Castilla y LeónAs nosas compañeoras e compañeiros de Castela e León presentáronnos en primeiro lugar os seus  programas de xuventud e emprego. Déronnos algunhas indicacións sobre como achegarnos á mocidade para poder axudala a acceder ao emprego e poder darlles ferramentas para fomentar o coidado da súa saúde mental.

A continuación, faláronnos da figura dos asistentes persoais, que colaboran nas tarefas da vida cotiá das persoas con problemas de saúde mental en situación de dependencia. Estas figuras axúdanlles no seu día a día e fomentan a súa vida independente á vez que potencian a súa autonomía persoal.

Para finalizar, presentáronnoso proxecto Julia. Unha iniciativa que crea redes de apoio mutuo entre mulleres con problemas de saúde mental que viven no rural, coa finalidade de fomentar o seu empoderamento e participación.

 

Presentación programa atención en el rural. Intercambio de experiencias entre federación Galicia y Castilla y LeónPresentación programa empleo. Intercambio de experiencias entre federación Galicia y Castilla y León

Pola nosa parte, a federación galega explicou en primeiro lugar o traballo que realiza o servicio de emprego. Un dos nosos piares no que levamos 20 anos traballando para favorecer o acceso ao emprego das persoas con problemas de saúde mental. E detallamos algúns puntos que fan do noso servizo de emprego unha área de especial relevancia na federación.

Finalmente, presentámoslles o noso programa de atención no rural. Expuxemos a dificultade detectada de atención á saúde mental no rural e como nos achegamos ás zonas de especial illamento poboacional para atender ás persoas no seu entorno.

 

Ao finalizar as sesións de intercambio de experiencais, pechamos o encontro cunha visita ás cubertas da Catedral de Santiago, e cunha cea de confraternidade na que continuamos compartindo experiencias xa dun modo máis distendido.

Un pracer contar coa vosa visita!

Foto de grupo intercambio de experiencias entre federación Galicia y Castilla y León