Skip to main content

Máis de 50 persoas con problemas de saúde mental procedentes de toda Galicia xuntáronse en Cambre para gozar dunha xornada de deporte inclusivo e convivencia no IV Encontro Multideporte.

Este pasado venres 23 de maio, a Escuela de Tenis Marineda acolleu nas súas instalacións en A Barcala (Cambre) o IV Encontro Multideporte que organizaron en colaboración con Saúde Mental FEAFES Galicia. Neste encontro, que se desenvolveu de 10h a 14h, participaron máis de 50 persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia e as asociacións que a conforman, procedentes de toda Galicia.

O encontro, cun marcado carácter lúdico e de convivencia, incluíu actividades de tenis, pádel, fútbol, baloncesto e, como novidade este ano, de pickleball. Divididos en grupos, as persoas participantes rotaron polas cinco estacións nas que os monitores e monitoras realizaron clases prácticas e xogos relacionados con cada deprote. Deste xeito, tiveron un primeiro contacto coas disciplinas deportivas de ténis, pádel e pickleball, dirixidas polo monitorado da Escola de Tenis Marineda; e outras alternativas máis lúdicas nas estacións de fútbol e baloncesto.

Unha xornada de deporte e convivencia

As persoas participantes nesta actividade pertencen a diversas asociacións federadas en Saúde Mental FEAFES Galicia: Apem, DOA, Saúde Mental Ferrol, A Creba, Avelaíña e Alba. Tamén contamos con participantes do grupo de ocio da delegación de Saúde Mental FEAFES Galicia en A Coruña.

O obxectivo do encontro é promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social que sofre este colectivo. Ademais, esta actividade permite ás persoas participantes romper coa rutina, relacionarse con outras persoas e socializar, mellorando así a súa autoestima e benestar.

Tras a mañá de deporte inclusivo, as persoas participantes gozaron dunha comida de convivencia para seguir unindo lazos e poñerlle a guinda á xornada.

Participantes, público, monitoras e monitores aseguraron ter pasado un día moi entretido, gozando dunha competitividade sa e coñecendo a outras compañeiras e compañeiros das demais asociacións.

 

Coa colaboración de: