James Rhodes, músico e activista dos dereitos da infancia, financiará o programa “Tecendo Saúde Mental” xunto coa Consellería de Política Social e Igualdade.
Onte, James Rhodes visitou a sede de Saúde Mental FEAFES Galicia, entidade coa que vai colaborar no financiamento dun programa que brindará apoio e soporte a familias vulnerables nas que existe algún problema de saúde mental. A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañou ao pianista nesta visita, posto que esta consellería tamén contribuirá ó sustento económico do proxecto.
No encontro o persoal da entidade tivo a ocasión de explicarlles á conselleir e ao activista o traballo que realiza Saúde Mental FEAFES Galicia, baseado na atención gratuíta, integral e personalizada a persoas con problemas de saúde mental. Nun percorrido polas instalacións, da man do presidente da entidade, Xosé Ramón Girón; coñeceron os distintos programas e servizos que se prestan desde a ferderación. Tamén puideron escoitar de primeira man o testemuño de superación dunha usuaria.
“É imprescindible traballar na prevención”
James Rhodes expresou en todo momento a relevancia de coidar e atender a saúde mental. Tamén a de traballar na prevención de problemas desta índole e protexer a nenos e nenas que se atopan en risco. Insistíu na necesidade de que os distintos organismos colaboren na dotación de recursos e a posta en marcha de proxectos encamiñados a ese fin.
Pola súa parte, Fabiola Garcían, Conselleira de Política Social e Igualdade; recalcou o seu compromiso coa saúde mental, materializadonunha larga e estable colaboración con Saúde Mental FEAFES Galicia. A quen sempre mostrou o seu apoio é que agora reafirma co co-financiamento deste novo programa.
Tecendo Saúde Mental
“Tecendo Saúde Mental” ten por obxectivo mellorar a calidade de vida das familias nas que existe unha casuística de saúde mental, especialmente monomarentais. Así como facilitar a vinculación inclusiva e activa destas persoas na comunidade, prover apoio emocional e psicolóxico, previr e detectar situacións de violencia e promover estratexias de crianza positiva; entre outras.
A dotación deste proxecto será de case 177.000€ dos que a Fundación Rhodes doará 50.000€ e a Consellería de Política Social e Igualdade aportará 126.660,48€. Con el, brindarase atención individualizada a 60 persoas en toda Galicia. Ademais, implementaranse accións de apoio na crianza, atención psicolóxica, asesoramento xurídico, formación e orientación laboral.
Coa colaboración de: