Skip to main content

O xoves 16 de outubro, Obra Social “la Caixa” celebra a entrega dos Premios Incorpora Galicia 2014, unha distinción que recoñece a labor de empresas que colaborar na integración laboral de persoas e colectivos con dificultade de acceso ó emprego. FEAFES Galicia é unha das entidades que participan no Programa Incorpora, grazas ó cal moitas persoas con enfermidade mental logran aproximarse ó mercado laboral.

O acto terá lugar na Sala Eisenmam do Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela). Comezará ás 20:00 e nel intervirán un representante da Consellería de Traballo e Benestar, o Director Territorial Financiero de “la Caixa”, o representante do Programa Incorpora Marc Simó e o responsable do Programa Incorpora Galicia Carlos Rosón.

Neste encontro premiaranse a aquelas empresas que durante o 2013 destacaron especialmente pola súa colaboración co Programa Incorpora en Galicia, traballando a favor da Responsabilidade Social Empresarial e da Integración Laboral das persoas en risco de exclusión social.

As empresas candidatas ó premio divídense en catro categorías: pequena empresa (5 candidatas), mediana empresa (5 candidatas), gran empresa (4 candidatas) e agrupación empresarial (5 candidatas). Haberá un premiado en cada categoría, do cal se proxectará un vídeo previo á entrega do galardón.  

O acto está aberto a todos os públicos e despois do mesmo haberá un aperitivo para os asistentes. Aquelas persoas que estean interesadas en acudir deberán confirmar a súa asistencia antes do 10 de outubro a través do enderezo electrónico incorpora@igaxes.org.

premios incorpora galicia.jpg