Skip to main content
O 5 de xullo, a Obra Social “la Caixa” renovou o acordo de colaboración para desenvolver o programa Incorpora con seis entidades sociais de Galicia dedicadas á integración laboral de persoas con especiais dificultades para atopar traballo: Igaxes3 (coordinadora), Fundación Érguete-Integración, APES, FEAFES Galicia, COGAMI e Fundación Juansoñador. En total, oito entidades conforman o Grupo Incorpora Galicia, incluíndo a Cruz Vermella Lugo e Cruz Vermella Ourense, no marco dun acordo estatal.
A entidade financeira destina 570.000 euros ao desenvolvemento de Incorpora Galicia este ano. O principal obxectivo do programa é tender pontes entre as empresas e as entidades sociais que se dedican á integración laboral co fin de crear un clima de colaboración entre ambas que redunde en oportunidades para quen máis o necesitan.
Incorpora diríxese a colectivos en situación de vulnerabilidade, como persoas con discapacidade, mozos en risco de exclusión, vítimas de violencia de xénero, parados de longa duración e ex reclusos, entre outros.
Entre xaneiro e xuño deste ano, o programa facilitou 251 postos de traballo en Galicia. Isto foi posible grazas á colaboración de 191 empresas galegas, un 9% máis que no mesmo período do ano anterior.
Desde a súa posta en marcha en Galicia en 2006, Incorpora fixo posible que 2.932 persoas atopasen un emprego, grazas á colaboración e compromiso social de 1.421 empresas da comunidade.

Os insertores laborais, figuras clave

O insertor laboral é unha figura esencial no programa Incorpora. Del depende o éxito tanto da persoa contratada como da empresa contratante. No caso de Galicia, creouse unha rede con 14 destes profesionais.
A inserción de cada persoa no mercado laboral constitúe un proceso personalizado que inclúe actuacións simultáneas e posteriores á contratación. Entre as tarefas que realiza o insertor inclúense a prospección de empresas, o seguimento do proceso de formación do beneficiario, o acompañamento laboral das persoas inseridas, a solución dos posibles conflitos que poidan xurdir no marco da relación l