Skip to main content

O luns 29 de xuño, a asociación Lar Pro Saúde Mental de Vilagarcía de Arousa realizará un acto de clausura e entrega de diplomas do curso “Obrador de Panadaría e Repostaría”, ao cal acudirá a Conselleira de Sanidade, Dña. Rocío Mosquera Álvarez.

O acto terá lugar nas instalacións da propia asociación, situadas na Rúa Muíño Novo 1-3, e comezará ás 16:45 cunha mostra gráfica do Proxecto Obrador. Ás 17:00 presentarase o proxecto Di-Capacitados da man de D. Ramón Frexes Illueca, Director Nacional de RR. II. de Janssen.

A continuación, será Dña. Amelia Varela Artusio, Directora da asociación Lar Pro Saúde Mental, quen presentará o Proxecto Obrador que leva a cabo a entidade. Poderemos escoitar tamén ao monitor do curso, D. José Ángel Goris López, que falará sobre a súa experiencia no taller e explicará como se desenvolveu a aprendizaxe do oficio por parte dos usuarios da asociación Lar.

Finalmente, celebraremos a firma de contratos por parte dos alumnos, antes da intervención da Conselleira de Sanidade, Dña. Rocío Mosquera Álvarez, que será a encargada de clausurar o acto.

IMG_0241.JPG