140 mulleres en situación de vulnerabilidade e que teñen algún problema de saúde mental, participan no noso programa Tempo de lecer en igualdade
A inicios do 2024 demos comezo a un novo proxecto vinculado ó ocio saudable. Tempo de lecer en igualdade é unha iniciativa que busca mellorar a vida das mulleres en situación de vulnerabilidade e con problemas de saúde mental a través de actividades de lecer. Este programa está financiado pola Consellería de Promoción do emprego e a igualdade.
As mulleres que se atopan en situación vulnerable a miúdo carecen dunha rede de apoio ou non teñen relacións sociais que lles faciliten ter unha vida activa e sentirse parte da sociedade. Se ademais teñen algún problema de saúde mental, esta situación agrávase. A través de Tempo de lecer en igualdade, pretendemos mellorar a súa calidade de vida mediante actividades que coiden o seu benestar físico e emocional, o seu desenvolvemento persoal e as relación sociais e a inclusión entre oturos.
Lecer integrador e orientado a mulleres
Durante este ano, creáronse 5 grupos autoxestionados de mulleres en diferentes puntos de Galicia. As participantes foron quedando regularmente para facer lectura en grupo, baile, ganchillo, conversacións en inglés, etc.
Estas actividades contribúen a mellorar as súas habilidades sociais, a afectividade, o autoconcepto e a autoaceptación. Tamén se fomenta a súa autonomía e empoderamento.
Realizamos tamén actividades deportivas como tenis, ximnasia de mantemento, atletismo, kaiak, senderismo… Grazas ás que se mellora a saúde física e mentald as ususarias, que adquiren así hábitos saudables.
Así mesmo, formamos parte de actividades que supoñen a participación destas mulleres na comunidade, como visitras a museos, exposicións, visitas teatralizadas, visitas guiadas, etc. Estas actividades fomentan a inclusión sociocomunitaria e fortalecen a rede social das mulleres participantes.
Finalmente, tamén se programaron viaxes e excursións. Estas actividades, ademáis de beneficiar a participación e inclusión das usuarias, permiten que as familias e figuras de apoio teñan momentos de desconexión e tempo libre dos coidados que habitualmente desempeñan.
Co apoio de: