Skip to main content

O pasado xoves 22
de setembro, Limpiezas Ramiro firmou un convenio de colaboración en Ourense con
Saúde Mental FEAFES Galicia co fin de impulsar proxectos encamiñados a fomentar
a integración sociolaboral de persoas con dificultades de acceso ao emprego.

A través desta colaboración,
que se realizou no marco do programa Incorpora da Fundación “la Caixa”, ambas
entidades comprométense a cooperar na promoción da contratación laboral de
persoas con problemas de saúde mental, así como promover a Responsabilidade
Social Empresarial
. Na sinatura do convenio estiveron presentes Ramiro Gómez,
xerente de Limpezas Ramiro, e Laura Balboa Álvarez, técnica do programa Incorpora
en Ourense.

Desde o ano 2006,
a Fundación “la Caixa” fomenta, a través do programa Incorpora, o
acceso ao mundo laboral de persoas en situación ou risco de exclusión, como
persoas paradas de longa duración, persoas ex reclusas, mozos e mozas en
situación de vulnerabilidade, inmigrantes, vítimas de violencia de xénero ou
persoas con problemas de saúde mental, entre outros colectivos.

Co obxectivo
principal de tender pontes entre as empresas e as entidades sociais que se
dedican á integración laboral, o programa Incorpora da Fundación “la Caixa”
favorece un clima de entendemento e colaboración entre ambas partes que redunda
en oportunidades para quen máis as necesitan, contando sempre co seguimento e
acompañamento do persoal técnico de inserción laboral durante todo o proceso de
busca de emprego, incorporación a un posto de traballo e o futuro mantemento do
mesmo.