A Facultade de Humanidades do Campus de Lugo acolle o vindeiro 24 de xaneiro a Xornada Emprega-TIL, un encontro dirixido a persoas en búsqueda de emprego e que está organizada pola Rede TIL, da que forma parte Feafes Galicia.
A xornada comenzará coa intervención de Eva López, quen presentará o organismo para o que traballa, “Woman Emprende”, da Universidade de Santiago. A continuación, intervén o coach Yago Pérez, coa ponencia “ O Ilimite para a Empregabilidade”.
A partir das 12,30 horas haberá unha mesa redonda sobre o mercado laboral europeo, no que Manuel Fernández Méndez, do Centro de Linguas Modernas, falará sobre “A importancia do coñecemento de lenguas”; e Carmen Santalla Novo, conselleira de Eures Lugo, presentará a Rede Eures (European Employment Services).
Xa pola tarde haberá unha mesa redonda sobre “Busca Activa de Emprego”, na que participarán Gloria Cruz, da área de Orientación e Inserción Laboral da USC; Beatriz Méndez, técnica de emprego de Teima Asociación Down Ferrol; e Manuel Requeijo, coordinador provincial da Fundación Secretariado Xitano Lugo.
Por último, a partir das 18 horas, o profesor Ceferino Manuel López Sánchez, subdirector do Centro de Tecnoloxías para a Aprendizaxe (CETA) exporá o velatorio “O Traballador 2.0”.
A inscrición nas xornadas é gratuita e non é necesario apuntarse previamente.