Skip to main content

O Servizo de Emprego e Formación para persoas con enfermidade mental, financiado polo Concello de Lugo, beneficiou a 161 persoas demandantes de emprego ao longo de 2022

O traballo é un piar fundamental para o desenvolvemento persoal e a consecución dunha vida independente e plena a todos os efectos. Pero as persoas con problemas de saúde mental atopan grandes dificultades para acceder ao emprego.

Nesta liña lévase a cabo o Servizo de Emprego e Formación para persoas con enfermidade mental coa colaboración do Concello de Lugo. Neste proxecto búscase paliar os obstáculos cos que se atopan as persoas con problemas de saúde mental á hora de acceder ao mercado laboral.

Ademais de axudar na súa inserción laboral, procuramos tamén que esa inserción sexa duradeira e positiva tanto para o traballador/a como para a empresa. Para iso, faise un seguemento e un apoio á persoa traballadora durante o proceso.

Tamén sabemos que o apartado formativo é unha das necesidades primordiais á hora de buscar traballo. Por iso, ao longo do ano se realizan talleres formativos que axudan a mellorar as opcións das persoas usuarias.

Máis de 60 insercións laborais

Grazas ao Servizo de Emprego e Formación financiado polo Concello de Lugo levouse a cabo o servizo de intermediación laboral cun total de 99 empresas de Lugo. E realizaron convenios de colaboración con 13 empresas.

O número total de insercións laborais durante o 2022 foi de máis de 60, aumentando nun 50% os contratos firmados o ano anterior. Ademais, realizouse asesoramento con 161 persoas demandantes de emprego no Concello de Lugo e 61 usuarios participan nas accións formativas ao longo do ano.

 

Programa subvencionado por: