Skip to main content

Manuel Juncal leva máis de 15 anos traballando pola inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental dentro do Servizo de Orientación Laboral que Saúde Mental FEAFES Galicia desenvolve desde o 2002 grazas ó apoio da Xunto

Saúde Mental FEAFES Galicia leva máis de 20 anos traballando na liña da Orientación Laboral dentro do Servizo Público de Emprego de Galicia (SPEG). Este servizo, que realizamos grazas ó apoio da Xunta de Galicia e que está financiado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, está especializado en favorecer a inserción laboral das persoas demandantes de emprego que teñen algún problema de saúde mental. Foi un recurso pioneiro a nivel nacional e é un recurso normalizado, xa que permite que estas persoas poidan realizar demandas similares ás da poboación en xeral.

Manuel Juncal, o orientador máis veterano de Saúde Mental FEAFES Galicia, comezou no servizo no 2005, tres anos despois da súa posta en marcha. “Este servizo é un dos grandes recursos que temos para poder axudar ás persoas a iniciar ou reforzar o seu proceso de incorporación laboral e busca de emprego”. E é un recurso moi necesario: a taxa de inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental é soamente do 17,5%, pero a nosa experiencia indica que, a través dos programas de Orientación Laboral, co apoio e acompañamento ás persoas e ás empresas, a taxa de inserción sobe ata o 56%.

Cre tamén que o apoio da Xunta de Galicia neste proxecto é moi importante xa que “deu a posibilidade de ter profesionais para facer un traballo de orientación específico” explica Manuel e continúna: “permitíu optar a ferramentas d etraballo dentro do propio SPEG”. Todo isto influíu directamente nun cambio de rol das persoas que atendemos, que pasaron a ter un papel máis activo e participativo e polo tanto contribuíu á normalización a nivel social do colectivo. “Tamén favoreceu a identidade cidadá, xerándose o sentimento d epoder exercer un dereito como calquer outro cidadán ó poder optar a estes recursos”

Un proxecto centrado nas persoas

A evolución do Servizo de Orientación desde os seus inicios é moi siginficativa. Comezouse atendendo a 55 persoas en 2002 e actualmente son máis de 1000 persoas en toda a comunidade autónoma. As ventaxas para o colectivo deste programa son varias, pero Manuel Juncal destaca “o traballo centrado na persoa e adaptadao a súa condición de saúde, circunstancias de vida e persoais”. Xa que a labor que realizan os euipos profesionais é moi diferente dependendo de cada persoa. Analízase cada perfil por separado e axústase o plan a cada persoa e, a partir desta adaptación, podemos encamiñar os seus obxectivos de incorporación laboral.

Manuel cóntanos que o perfil das persoas que acoden a este programa tamén foi variando: “Nos inicios a franxa de idade era máis marcada, esencialmente entre os 35-50 anos, porque eran as persoas que asistían ós Centros de Rehabilitación Psicosocial e Laboral que as Asociacións desenvolven co SERGAS”. Estas persoas xa pasaron polo inicio do trastorno de saúde mental e que tras a estabilización e a recuperación; atopaban no servizo de Orientación Laboral un apoio para conectar ou vincularse de novo co mundo laboral.

Pero desde fai uns 5 anos achégase xente cada vez máis nova, sobre os 20 anos. “Son mozos e mozas que teñen agora a súa primeira atención dende a rede de Saúde Mental ou persoas que xa estiveron nos recursos de Saúde Mental Infanto-Xuvenil e que agora buscan un primeiro achegamento ó mundo laboral”. Segundo Manuel, este cambio explícase por un cambio nos diagnósticos de atención, grazas ó que comezaron a ter máis presenza trastornos que habitualmente están no entorno da ansiedade, os trazos de personalidade, a disociación, etc.

Pero desde hace unos 5 años se acerca gente cada vez más joven, sobre los 20 años. “Son chicos y chicas que tienen ahora su primera atención desde la red de Salud Mental o personas que ya estuvieron en los recursos de Salud Mental Infanto-Juvenil y que ahora buscan un primer acercamiento al mundo laboral”. Según Manuel, este cambio se explica por un cambio en los diagnósticos de atención, gracias al que empezaron a tener más presencia los trastornos que habitualmente están en el entorno de la ansiedad, los rasgos de personalidad, la disociación, etc.

Moitos obstáculos que sortear…

Independientemente da idade das persoas con problemas de saúde mental, todas se enfrontan a unha serie de problemas comúns á hora de atopar un emprego: as dificultades derivadas da enfermidade ou do tratamento recibido, o distanciamento do mercado laboral durante moito tempo ou a ausencia de vida laboral, a ausencia dun entorno de apoio, a falta de receptividade do mercado laboral á persoas con necesidades de adaptación ós postos de emprego, o rexeitamento e o estigma, incluso o autoestigma.

Manuel, desde a experiencia de todos estes anos, distingue dúas grandes vertentes de dificultades: “Por un lado, a vinculada á formación e a falta de cualificación e por outro lado, as dificultades de acceso a un emprego adaptado”.

Respecto a falta de formación, este é un problema que sempre constituíu unha dificultade pola necesidade de acceder a recursos específicos. Neste senso, Manuel destaca a importancia estar dentro da liña de Orientación Laboral do SPEG, que permite optar a recursos que, fai anos, eran de difícil acceso para as persoas con problemas de saúde mental.

En relación a falta de emprego adaptado, sinala que segue habendo carencia de empregos que apliquen a flexibilidade necesaria para axustarse ás características da persoa e que esta non se vexa sobrepasada polo traballo. Non se fala de medidas que supoñan grandes cambios, explica Manuel, senón unha redución do horario, un tempo de adaptación,… Medidas que mostren que existen apoios, recursos e flexibilidade no caso de que a persoa as precise.

… e moitos progresos alcanzados

Pero Manuel recoñece tamén que houbo grandes avances na actitude das empresas e persoas contratantes: “existe unha mellora na sensibilidade e a accesibilidade ás empresas. Creo que o máis influíu na nosa labor é a nosa madurez e estabilidade no traballo coas empresas.” Manuel refírese á labor de prospección e intermediación laboral que o equipo de profesionais de Saúde Mental FEAFES Galicia foron facendo, e fan, ó longo dos anos. Conectar coas empresas, explicarlles a realidade das persoas usuarias dos nosos programas, informar e traballar na eliminación dos prexuízos, favorecer a contratación e unha vez entran no posto de traballo, a labor que se fai de asesoramento á empresa e apoio á persoa traballadora… Todo isto permitiu crear unha base de empresas coa que se mantén unha relación estable e onde se pode establecer unha vía de comunicación e entendemento moi positivo.

O Servizo de Orientación Laboral, ten como misión final a contratación das persoas con problemas de saúde mental, pero a súa importancia vai moito máis alá. Para as empresas, pode dicirse que o principal cambio é unha abertura de miras. Como explica Manuel: “habitualmente o que descobren e reciben con grata sorpresa, é ver a persoas moi implicadas e con moitas ganas, independentemente das dificultades de partida ou da necesidade de aprendizaxe.” O que contribúe positivamente na eliminación de estigmas e prexuízos e nun enriquecemento tamén para empresa e as persoas que nela traballan. O que repercute nunha imaxe xeral máis positiva das persoas con problemas de saúde mental como persoas capaces nun entorno laboral.

Para as persoas usuarias o acceso ao traballo aporta grandes cambios positivos na súa vida. Di Manuel que ter un emprego proporciona autonomía e recoñecemento social, ter uns ingresos, unha actividade diaria, un compromiso e motivación. Supón tamén autoconfianza e superación persoal e, para moitas persoas, supón un cambio moi significativo o de pasar dun rol de “enfermo” a un rol de “persoa capaz”. “Se por algo se caracterizan as persoas que atendemos”, afirma Manuel, “e polas ganas e a súa implicación en saír adiante”

 

Join the discussion One Comment