Un ano máis, presentamos a nosa memoria de actividades, onde podedes consultar as accións realizadas e os obxectivos ao longo do pasado 2023
Xa está dispoñible para a súa consulta a nosa memoria de actividades correspondente ao ano 2023. A finalidade deste documento é visibilizar as accións realizadas a favor das persoas con problemas de saúde mental, as súas familias e persoas achegadas. A entidade cumple así co seu compromiso de transparaencia e pon ao alcance de todo o mundo o balance económico do ano e os detalles sobre a xestión realizada.
Como se pode comprobar ao longo da memoria, esforzámonos por poñer en marcha e manter todos aqueles servizos e proxectos que nos permitan avanzar na oferta dun apoio integral ás persoas con problemas de saúde mental e as súas familias
Máis de 2.000 persoas atendidas
Neste ano demos resposta a máis de 690 chamadas telefónicas na nosa liña gratuita 900 102 661, e facilitamos información, asesoramento e apoio a 2.030 persoas para a resolución de problema de todo tipo. A Asesoría Xurídica, pola súa parte, orientou a 329 persoas sobre asuntos legais relacionados coa saúde mental.
Un ano máis, destacamos o traballo en rede, fundamental para coñecer máis en profundidade as necesidades das usuarias e usuarios; e para coordinarnos con outras organizacións e servizos implicados na intervención de cada persoa. Comprobamos tamén que o colectivo segue a demostrar unha gran resiliencia, o que axuda a cambiar miradas e prexuízos aínda existentes.
Damos acceso a formación e melloramos a inserción laboral
No 2023 seguimos mantendo un dos nosos piares fundamentais: a formación e o emprego. Consiederamos o acceso e mantemento do posto de traballo un requisito indispensable para a inclusión e a independencia das persoas con problemas de saúde mental.
Este ano, a través do servizo de Inserción Laboral e Emprego recibiron orientación laboral un total de 1.249 persoas, logrando que 752 usuarios e usuarias accedesen ao mundo laboral a través de 1.180 contratos. Ofrecemos formación para o emprego a través de 139 accións formativas e fomentouse tamén o acceso a prácticas non laborais das que se beneficiario 46 persoas. Tamén seguimos tecendo aliados en rede a través de 324 entrevistas a empresas.
Loitamos contra a exclusión
O ano pasado aumentamos a nosa Atención Sociosanitaria. O noso programa de Inclusión Social traballou con 80 persoas con problemas de saúde mental en situación especialmente vulnerable.
No Programa de Par en Par, acompamos a 55 persoas con problemas de saúde mental ofrecéndolles unha atención personalizada, mellorando as súas competencias e intentando implicar as súas familias e persoas achegadas neste proceso para afastalos da exclusión. Especificamente en Santiago, o Programa de Atención a Persoas en Risco de Exclusión prestou os seus servizos a 330 persoas.
Actuamos tamén en centros penais co Programa de Atención Integral a Persoas con Enfermidade Mental tanto desde a nosa entidade como a través das nosas asociacións. Atendemos un total de 215 persoas.
No 2023 empezamos cun programa orientado á atención á saúde mental no rural. Senda pola Saúde Mental, naceu para achegar recursos de información, apoio e asesoramento ás persoas con problemas de saúde mental que residen nas zonas máis illadas de Ourense. Un total de 25 persoas e os seus familiares recibiron atención no seu entorno.
Tamén abordamos a problemática do suicidio a través do programa Conecta coa vida. Nesta iniciativa, 70 persoas participaron nas nosas accións de sensibilización, detección precoz, intervención e postvención para previr e atender a conduta suicida.
Integración e normalización a través do ocio y e o deporte
Unha das nosas misións é crear espazos onde as persoas con problemas de saúde mental poidan relacionarse nun entorno seguro, crear lazos, exercitarse e gozar da súa contorna como todas as persoas. Estas actividades permítenlles romper coa rutina diaria, facer exercicio, enriquecerse culturalmente e tecer redes de apoio, favorecendo así a socialización e a autonomía.
No pasado ano. 571 persoas participaron nos clubes de ocio do servizo de Lecer e Deportes Ademais, contamos cunha casa vacacional na Ribeira Sacra e outra en Mazaricos, onde se realizaron estancias de fin de semana; se organizaron dúas viaxes ás Palmas de Gran Canaria e a Mallorca; achegámonos a disfrutar das Termas de Cuntis en dúas ocasións; e recorremos un ano máis o Camiño de Santiago con 34 peregrinas e peregrinos.
Informamos, sensibilizamos e derrubamos estigmas
Desde Saúde Mental FEAFES Galicia somos moi conscientes de que aínda queda moito que traballar para loitar contra a desinformación e o estigma que aínda persegue ás enfermidades mentais. Por iso, desde o servizo de Comunicación facemos difusión constante dos nosos programas e actividades.
No ano 2023, tivemos 119 aparicións en medios informando, sensibilizando e reclamando dereitos para as persoas con problems de saúde mental. Tamén realizamos unha activa labor en redes cun total de 12.034 seguidores nos nosos canales de comunicación.
Reivindicamos a atención á saúde mental no rural, a atención especial ás mulleres con problemas de saúde mental, e facemos unha importate labor de información, sensibilización e prevención nos institutos, achegándonos aos centros educativos para falar con máis de 1.000 estudantes.
Este ano, tamén lanzamos a campaña “Que Queren As Mulleres” polo Día Internacional da Eliminación da Violencia cara a Muller, especialmente centrada na inclusión das mulleres con problemas de saúde mental na loita polos dereitos de todas; e outra poñendo o foco na problemática do suicidio, “Falamos?”, con motivo do Día Mundial do Suicidio.
En febrero de 2023, tiveron lugar os I Premios Empréganos de Saúde Mental. Celebráronse en Vigo e permitíronnos poñer en valor e recoñecer o traballo das empresas, persoas empresarias e entidades que colaboran con Saúde Mental FEAFES Galicia na inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental.
Ademais, en outubro puidemos inaugurar a nosa nova sede en Santiago, coincidindo cos eventos do Día Mundial da Saúde Mental. A xornada contou coa presenza do presidente da Xunta de Galicia, D. Alfonso Rueda; e da alcaldesa de Santiago, Dna. Goretti Sanmartín; entre outras actividades.
O movemento asociativo
En Saúde Mental FEAFES Galicia somos moi conscientes de que non poderiamos desenvolver a nosa labor sen o traballo de todas as entidades que formamos parte do movemento asociativo. Actualmente son 12 as asociacións que forman parte da nosa entidade, con presencia en máis de 30 localidades.
Desde Saúde Mental FEAFES Galicia, levamos a cabo accións dirixidas a pontenciar a calidade e a unidade das nosas entidades membro, tratando de mellorar a identidade institiucional. Facendo tamén un traballo de comunicación entre a entidade e as administracións e logrando así melloras lexislativas e financiamento que redunden no incrementeo da calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e as súas familias.
Podes ler en profundidade a Memoria 2023 aquí.