As mulleres con
problemas de saúde mental son un colectivo frecuentemente invisibilizado.
Experimentan una tripla discriminación: rexeitamento pola discapacidade, estigma
asociado aos problemas de saúde mental e a discriminación derivada de ser
muller.
O “Programa de
Atención Integral a Mulleres con Enfermidade Mental en Situación de
Vulnerabilidade”, busca fomentar a igualdade de oportunidades para reducir a
discriminación que sofren estas mulleres.
Para isto,
defínense itinerarios personalizados de atención que inclúen darlles información
e asesoramento sobre aspectos como a psicoloxía, os recursos que teñen á súa
disposición, o ámbito xurídico ou o acceso ao emprego. Tamén se lles ofrecen
ferramentas para aprender a identificar e previr a violencia de xénero e a
discriminación da que estas mulleres son vítimas en moitas ocasións.
Ademais,
organízanse acción grupais que permiten compartir experiencias e aprender unhas
das outras. Facemos en común talleres de autoestima e autocoidados;
afectividade; sexualidade e anticoncepción; prevención de malos tratos; habilidades
sociolaborais para a empregabilidade, etc.
Financiado pola
Consellería de Emprego e Igualdade e executado por Saúde Mental FEAFES Galicia,
o obxectivo deste programa é dotar ás 51 participantes dunha maior autonomía e
independencia que permita mellorar a súa situación persoal.