Skip to main content
As novidades introducidas o ano pasado na Lei 49/2002 de Réxime Fiscal das Entidades sen Fins Lucrativos e dos Incentivos de Mecenado, fan que as túas doazóns a FEAFES Galicia sexan máis beneficiosas deste ano en diante. 
Se na declaración da renda de 2015 devolvéronche o 50% do importe doado, a partir de 2016 devolveranche ata o 75%. Deste xeito, coa nova dedución fiscal, doar máis no 2016 supoñerache o mesmo. Por iso queremos animarche a que nos botes unha man para que os nosos proxectos de atención ás persoas con problemas de saúde mental reciban máis recursos.

Canto me devolven polas miñas doazóns?

Se es unha persoa física, no IRPF correspondente a 2016 poderás deducir o 75% do importe das túas cotas e/ou donativos íntegros por achegas de ata 150€ ao ano. A partir desa cantidade, a dedución será do 30% ou do 35% se levas colaborando connosco polo menos 3 anos seguidos, cun límite do 10% da base liquidable.
Se es unha persoa xurídica, no Imposto de Sociedades poderás deducir o 35% das túas cotas e/ou donativos íntegros. Se levas colaborando connosco polo menos 3 anos seguidos, a dedución será do 40%, cun límite do 10% da base liquidable.
Se es persoa física ou xurídica non residente en España e obtés rendas no noso país, tes tamén un beneficio fiscal polo importe dos teus donativos. Podes consultalo en www.aeat.es
Lembra que para que podamos informar á Axencia Tributaria do importe das túas cotas e donativos é imprescindible que nos facilites o teu DNI ou NIF e domicilio. Se aínda non o fixeches, chámanos ao 981 554 395 ou escríbenos a comunicacion@feafesgalicia.org.
Para máis información sobre os beneficios fiscais das túas doazóns a FEAFES Galicia, pica aquí.