No marco do Programa de Cooperación destinado a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas traballadoras desempregadas que realicen servizos de interese xeral e social, financiado pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Saúde Mental FEAFES Galicia inicia o seguinte proceso de selección:
1 técnica/o de atención integral para Vigo
- Posto: técnica/o de atención integral
- Titulación: Traballo Social ou Educación Social
- Xornada: parcial (75%)
- Duración: 6 meses (incorporación inmediata)
- Envío de CV: vigo@feafesgalicia.org co asunto “Oferta atención integral” (ata o 28/05/24)
- Consultar a oferta completa
Saúde Mental FEAFES Galicia está comprometida coa igualdade de oportunidades entre mulleres e homes co obxectivo de alcanzar unha presenza igualitaria

