Skip to main content

As familias numerosas e as que teñan ascendentes ou descendentes con discapacidade ó seu cargo poden solicitar á Axencia Tributaria dende o pasado 7 de xaneiro o abono anticipado das novas deducións no IRPF que incorpora a reforma fiscal que entrou el vigor este ano.

As deducións incluiranse na declaración anual do IRPF do 2015, a presentar en 2016, onde regularizaranse as cantidades que se teñan percibido como abono anticipado. En concreto, a solicitude pódese presentar por Internet ou por teléfono dende este 7 de xaneiro e presencialmente dende o 3 de febreiro.

A Axencia Tributaria comezou xa a enviar cartas informativas ós beneficiarios potenciais, nas que recolle os requisitos e procedemento para a percepción mensual destes impostos negativos.

A solicitude do pago anticipado poderase realizar de xeito colectivo ou individual mediante a presentación dun novo modelo (o 143), por cada unha das deducións, acumulables entre si, ás que os beneficiarios teñan dereito (100 euros mensuais por familia numerosa e por cada descendente e ascendente con discapacidade; 200 euros no caso de familias numerosas de categoría especial).

As deducións, que poderán acadar os 1.200 euros anuais por cada descendente ou ascendente con discapacidade e por familia numerosa, e os 2.400 euros no caso de familias numerosas de categoría especial, calcularanse de forma proporcional ó número de meses en que se cumpran os requisitos.

Facenda recorda que os requisitos son realizar unha actividade pola que se cotice á Seguridade Social ou mutualidade alternativa e ter dereito á aplicación do mínimo por descendente ou ascendente con discapacidade, ou ser ascendente ou irmá orfo de pai e nai formando parte dunha familia numerosa.

O límite para cada unha das deducións serán as cotizacións e cotas totais á Seguridade Social e mutualidades devengadas en cada período impositivo. Se se tivese dereito á  dedución por contar con varios ascendentes ou descendentes con discapacidade, o límite aplicarase de forma independente respecto de cada un deles.

Vía El Mundo. Máis información na Axencia Tributaria.

axudas irpf para discapacidad.jpg