Skip to main content
No marco das subvencións do Programa de Cooperación destinado a entidades sen ánimo de lucro para a contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de servizos de interese xeral e social, financiado pola Consellería de Emprego e Igualdade, Saúde Mental FEAFES Galicia contará, ao longo deste ano, con catro novas traballadoras en Santiago e A Coruña. 
Laura Fraga ocupará o posto de técnica de formación en A Coruña e Estefanía Abelenda traballará como técnica de proxectos en Santiago, apoiando e fortalecendo así os servizos centrais e de xestión da federación. Pola súa banda, Belén Becerra e Olalla Rodríguez incorporaranse como auxiliares administrativas na Coruña e en Santiago respectivamente, contribuíndo á organización e xestión das devanditas delegacións.
Deste xeito, as catro compañeiras realizarán o seu traballo no marco do servizo de xestión e atención integral para persoas con problemas de saúde mental e as súas familias. A través da súa incorporación, e durante os vindeiros 12 meses, en Saúde Mental FEAFES Galicia agardamos mellorar a nosa capacidade de atención e resposta ás necesidades das persoas e das entidades ás que diriximos os nosos programas e servizos. Benvidas, compañeiras!