Skip to main content

Segundo a OMS, unha de cada sete persoas mozas de 10 a 19 anos ten algún problema de saúde mental en todo o mundo. Son moitos os factores que poden afectarlles. As constantes exposicións a estímulos, as redes sociais ou a incertidume sobre o futuro, son algunhas delas.

Por iso, neste mes de decembro, nos achegamos ao instituto IES Terra de Soneira en Vimianzo para impartir unhas charlas ás alumas e alumnos de 2º de Bacharelato. O obxectivo era ofrecer recursos para afrontar o estrés nun curso especialmente complicado por ser o último e, para parte do alumnado, o paso previo ao acceso universitario. Lidiar cos cambios, coa presión do curso, cos problemas persoais…; pode xerar un malestar que necesitan ser capaces de xestionar. E non sempre contan coas ferramentas ou o apoio necesario.

Ser conscientes dos factores de risco, saber identificar as situacións estresantes e coñecer técnicas que lles sirvan de axuda; permite aliviar unha carga que, en ocasións, pódelles resultar moi pesada.

Aproveitamos tamén estes encontros para realizar co alumnado un achegamento á enfermidade mental, atendemos as súas dúbidas e inquedanzas, procuramos romper estigmas e concienciar sobre os sinais de alerta que poden indicar a necesidade de solicitar axuda profesional.