Skip to main content
Na sala atopábanse integrantes da asociación Alba, entidade que atende a persoas con problemas de saúde mental e á que se atopa moi vinculado o doutor premiado. Pedreira, natural da Coruña, expuxo a súa querenza a Pontevedra citando a Celso Emilio Ferreiro: “…porque si, porque me gosta, porque me peta e quero e dáme a gana”, tras agradecer a todas as persoas que apoiaron a súa candidatura presentada pola asociación Alba. 
Pedreira mostrou a súa satisfacción por dedicar a súa vida para loitar contra a enfermidade mental e a procurar a mellora dos pacientes. Fixo unha defensa da sanidade pública e lanzou un chamamento aos cidadáns para que apoien a plataforma SOS Sanidade Pública porque “nos vai a vida en iso”. 
Por último, o psiquiatra destacou o labor que realiza a Escola de Xadrez e desexou que este acto favoreza a colaboración entre a Escola de Xadrez e a asociación Alba para comprobar a incidencia favorable do xogo no proceso de rehabilitación psiquiátrica. 
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, pechou o acto destacando o traballo que os galardoados realizaron durante os últimos anos e resaltando a importancia que tanto Víctor Pedreira como a Escola de Xadrez desenvolven en relación co cerebro e, no caso do psiquiatra, agradeceu a súa loita en defensa da sanidade pública para indicar que a ampliación de Montecelo será unha realidade grazas a persoas como el.