O concello de Gondomar vén de conceder unha subvención á asociación Avelaíña para o desenvolvemento do proxecto “Fisicamente activo, mentalmente saudable” que a asociación puxo en marcha en Val Miñor.
Esta iniciativa parte da premisa de que as persoas con problemas de saúde mental teñen un maior risco de obesidade debido á súa enfermidade, aos hábitos sedentarios e aos efectos secundarios da medicación, polo que é necesario incentivar neles hábitos de vida saudable.
Neste programa inclúense contidos especializados sobre o estilo de vida saudable e unha alimentación sá, así como diferentes tipos de adestramento como a piscina, o ximnasio, rutas en bicicleta e andainas, entre outros.
A contía concedida é de 1.600€ que axudarán a persoas con problemas de saúde mental de Val Miñor a entender o exercicio como parte dun estilo de vida saudable, valorando e gozando do deporte e da actividade física.
Vía Avelaíña.