Skip to main content

Esta mañá, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o presidente de Doa e membro da Xunta Directiva de FEAFES Galicia, Leopoldo Robla, asinaron un convenio de colaboración a través do cal o Concello de Vigo comprométese a colaborar economicamente nos gastos do local da delegación viguesa de FEAFES. 

Trátase dunha doazón de 4.000€ grazas á cal FEAFES Vigo recibe unha axuda para financiar os custes das instalacións onde desenvolve as súas actividades e realiza a atención ós seus usuarios.  A sede, situada en Serafín Avendaño nº 18, atópase fronte ás Torres García Barbón.

A sinatura, que tivo lugar ás 11:00 da mañá nas dependencias do Concello, renova unha colaboración que xa se viña realizando dende fai tres anos. A través desta firma, o Concello demostra a súa confianza no traballo que realiza FEAFES Galicia na cidade de Vigo, atendendo a familiares e persoas con enfermidade mental do entorno. 

convenio vigo.JPG