Esta mañá, o Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polo director
de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas. visitou as instalacións de FEAFES Galicia en Santiago de Compostela, onde puido coñecer de primeira man cómo se desenvolve o traballo desta entidade no eido da atención á saúde mental.
de Asistencia Sanitaria do Sergas, Jorge Aboal Viñas. visitou as instalacións de FEAFES Galicia en Santiago de Compostela, onde puido coñecer de primeira man cómo se desenvolve o traballo desta entidade no eido da atención á saúde mental.
Tras coñecer as instalacións, Vázquez Almuiña reuniuse con varios representantes de FEAFES Galicia que lle trasladaron as propostas e reivindicacións do colectivo. Entre eles, estiveron o presidente da entidade, Xosé Ramón Girón, e outros membros da Comisión Permanente.
Os representantes de FEAFES Galicia expuxeron ante o Conselleiro a situación da entidade e a realidade da enfermidade mental na nosa comunidade, que afecta a entre o 2,5 e o 3% da poboación, representada en Galicia por arredor de 75.000 persoas. No encontro trasladouse tamén a necesidade de creación dun Plan Integral de Saúde Mental en Galicia para poder abordar todas as problemáticas vinculadas ás enfermidades mentais dende os diversos ámbitos aos que afectan.
Outro dos temas que se abordaron foi o financiamento dos recursos que xestionan FEAFES Galicia e as súas asociacións a través da Consellería de Sanidade, os cales precisan unha ampliación e unha mellora para poder facer fronte á crecente demanda que existe cara eles. Trátase de Centros de Rehabilitación, pisos tutelados e residencias, a través dos cales as asociacións de FEAFES Galicia prestan atención a 1.165 persoas.
Neste eido, tamén presentouse a situación das zonas de Galicia que carecen de calquera tipo de servizo sociosanitario desta natureza e nas que, polo tanto, a atención á saúde mental é altamente precaria ou inexistente.
Finalmente, no encontro valorouse o funcionamento do Programa Acougo, un protocolo para traslados e ingresos non voluntarios de persoas con enfermidade mental impulsado pola Xunta de Galicia.